O día 23 de maio puidemos ver na Televisión de Galicia (pagada cos cartos de todos) un espectáculo lamentable. Concretamente no programa "Son de estrelas", fomos quen de ver en horario de máxima audiencia como un rapaz duns dez ou once anos (irmán dunha das concursantes do programa) collía unha escopeta de balotes e lle disparaba a un gato ante a risa dos adultos que o arrodeaban, e mesmo da presentadora do programa.
Graciosísimo, sen dúbida. Cabe preguntarse entón se a loita contra o maltrato animal serve para algo, cando unha canle de televisión pública non censura tales imaxes e mesmo as emiten para que a xente ría. Visto isto, xa non nos sorprende nada.
Comentarios